Asociación de veciños

Propósito desta páxina.

Este espazo actualizarase coas novas da Asociación de veciños santa Columba de Soutolobre. Conterá sempre información de interese para os veciños da parroquia, pero tamén para os das parroquias veciñas como para o resto do concello, comarca e ciberespazo, incluídos os medios de comunicación.

Procuraráse dar información puntual de cada reunión e dos acordos acadados, para xeral coñecemento das reivindicacións veciñais e das decisións dos que habitamos esta parroquia. Tamén teredes información puntual de cada mellora que academos grazas a actividade asociativa.

No resto da web tentaremos xuntar tódala información posible da nosa parroquia e darlle un formato accesible e claro. Agradécense suxestións para mellorala.